Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
Impartidas por RUTH BALLESTEROS

Clases de esgrima na carpa "Galiza nos Xogos Olímpicos"

A carpa estará aberta ao público até o domingo, na explanada do Pazo dos Deportes da Coruña.

Redacción - 14:00 11/04/2008
A directora xeral para o Deporte, Marta Souto na carpa

A directora xeral para o Deporte, Marta Souto na carpa

A galega Ruth Ballesteros, mestra de esgrima, ofrecerá esta sexta feira exhibicións e clases de iniciación para nenos e nenas na Carpa "Galiza nos Xogos Olímpicos", que estará instalada até domingo na explanada do Pazo dos Deportes da Coruña. Abre de 11:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 21:00 horas.

A profesora de esgrima estará na carpa tanto pola mañá como pola tarde (de 11:00 a 13:00 horas e de 16:00 a 17:00 horas) esta sexta feira para ofrecer unha exhibición e explicarlle aos nenos e nenas que visiten a carpa, en que consiste este deporte olímpico, as normas básicas, e todos/as aqueles que se atrevan poderán dar os seus primeiros pasos neste deporte.

A partir desta sexta pola tarde a carpa tamén vai servir de pavillón para os adestramentos da escola municipal de esgrima.
Entre a quinta e a sexta feira pasaron e han pasar pola carpa, tamén, nenos de 8 a 12 anos dos colexios de San Francisco Calasancias e Corbide Saavedra que han practicar distintos deportes olímpicos, xogos e participar das exhibicións e actividades organizadas na carpa.


0/5 (0 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: