Un convenio coa Deputación de Pontevedra permitirá que a Estación Fitopatolóxica de Areeiro cree métodos para loitar contra as pragas do castiñeiro.
Castiñeiros / Flickr da Aula de Silvicultura da Universidade de Vigo
O Goberno aprobou un convenio coa Deputación de Pontevedra para contribuír á conservación do patrimonio natural que constitúen os soutos do país. Grazas ao acordo do Consello da Xunta desta quinta feira, a Estación Fitopatolóxica de Areeiro desenvolverá métodos de loita contra as pragas que lle afectan ao castiñeiro.
O acordo cobre un programa de control biolóxico do chancro de castiñeiro e outro de loita contra as principais pragas de insectos que afectan á árbore. Tamén se prevé obter cepas adaptadas ás condicións galegas e realizar ensaios de campo e de laboratorio para comprobar a súa eficacia.
O orzamento total será de 205.000 euros, repartidos en tres anualidades. A Subdirección Xeral de Recursos Forestais coordinará os traballos de captura e remisión das mostras de plantas e de solos.