A prensa do seu país destaca que perdeu 6 quilos e que está listo para o vindeiro 26 de abril.
Maradona, cando xogaba no Barça, xa hai anos
O vindeiro 26 de abril xogan no Pavillón Olímpico de Badalona un partido de vetaranos os cataláns e os arxentinos, e Maradona xa ten todo listo para o evento. Mesmo, como destaca a prensa do seu país, baixou seis quilos pensando no encontro.
Con Maradona van viaxar a Badalona futbolistas como Alejandro Mancuso, Sergio Goycochea, Matías Almeyda, Sergio Zárate, Coyo Almandoz, José Flores, Fernando Gamboa, Beto Camps, Gabriel Amato, Juan José Borrelli, Carlos McAllister, Sebastián Pascual Rambert e Leonardo Ruiz.
Cataluña, pola súa parte, vai aportar xogadores coma Busquets, Sergi Barjuan, Roger, Óscar García, Barberà, Villena, Guardiola, Albert Tomàs, Lardín, Eloy, Toni, Hiele, Vizcaíno, Samper, Barlotomé Màrquez e Álex Fernández, segundo a preselección de Pere Gratacòs.
O amigábel será retransmitido pola TV-3.