Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
PROPOSTA DA AELG

Luis Rei Núñez e Helena de Carlos, Premios da Crítica

As obras galardoadas son a novela 'O señor Lugrís e a negra sombra', do escritor coruñés, e o poemario 'Vigo'.

Redacción - 12:05 07/04/2008
Luis Rei Núñez

Luis Rei Núñez

Os premios da crítica concédeos cada ano a Asociación Española de Críticos Literarios. En Galiza correspóndelle á AELG propoñer os gañadores, unha decisión adoptada o 16 de febreiro despois dun debate e votación que tivo lugar en Compostela. Nesta ocasión, os escritores galegos decidiron que a novela O señor Lugrís e a negra sombra, de Luis Rei Núñez, e publicada por Xerais, sexa recoñecida co Premio da Crítica de narrativa galega.

O xornalista coruñés Luís Rei Núñez é na actualidade xefe do Servizo de Cultura da CRTVG. Poeta, biógrafo e ensaísta, obtivo o Premio Xerais en 2000 coa súa novela Expediente Artieda. Posteriormente publicou A estrela dos polisóns (Xerais 2003) e Toda a vida (Xerais 2005). En O señor Lugrís e a negra sombra combina a biografía e la ficción para construír un relato ao redor de Urbano Lugrís, a través da técnica do manuscrito atopado. Luis Rei sucede a Manuel Rivas, Teresa Moure e Xesús Constenla, gañadores do premio da crítica nos tres últimos anos.

O premio de poesía foi para Vigo, de Helena de Carlos. Helena de Carlos naceu en Barbantes e na actualidade é profesora titular da USC. É autora dos poemarios Alta casa (1996), 1999 (2001) e da antoloxía Aracné (2006). En 2007 o gañador fora Manuel Vilanova por A esmeralda branca. Vigo é unha elexía á cidade olívica, cun estilo clásico e cunha gran presenza do tempo e da memoria.


4,22/5 (9 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: