Na entrada publicada hoxe critica a decisión de Zapatero de non negociar os apoios para a súa investidura.
Falaconquin.com é un blog que Anxo Quintana abriu antes das eleccións autonómicas de 2005 co obxectivo de estar en contacto cos cidadáns, en especial cos votantes e simpatizantes do BNG. Porén, até o momento o Vicepresidente da Xunta tan só mantivo o seu blog actualizado en certos momentos, principalmente en periodo electoral, algo que foi criticado, sobre todo polas mesmas persoas que felicitaran a apertura deste espazo de comunicación.
Porén, Anxo Quintana comprometeuse agora a actualizar o seu blog todas as semanas, os sábados concretamente. Así, pois, todos os sábados o Vicepresidente da Xunta publicará un reflexión sobre a actualidade política dos últimos sete días, coa posibilidade de realizar comentarios nas entradas.
Neste primeiro texto, Quintana critica a decisión de Zapatero de non negociar os apoios para a súa investidura: "Agora resulta que os socialistas, que tanto nos falaron na campaña do diálogo, da negociación entre todos e da España plural e que tanto medo- xustificado- puxeron na xente cos do PP, queren ser un pouco coma eles".
Así pois, Quintana segue se confirmar cal será o sentido do voto do BNG na investiduras de Zapatero como presidente, e contuinúa poñendo unha serie de condicións sobre a mesa para votar a favor: "O PSOE non cumprirá con Galiza se pecha os ouvidos ás demandas do BNG de máis autogoberno e de garantir o 8% dos investimentos en infraestruturas e do 10% do gasto social estatal. Se non asume a necesidade de garantir a pureza do voto exterior nuns poucos meses e non nos deixa producir o que queremos e para o que valemos no naval, no lácteo e nos nosos viños, entre outros". E conclúe: "Se Zapatero non inclúe a atención aos nosos intereses no seu proxecto de investidura o BNG non lle pode dar dar o seu apoio".