Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
SERVIZOS SOCIAIS

O Consorcio de Igualdade e Benestar quere ter 85 galescolas funcionando este ano

Tamén se prevé que estean activos 38 centros de atención á dependencia e 16 oficinas de I+B.

Redacción - 18:52 04/04/2008

O Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar celebrou este venres en Compostela a súa asemblea xeral. O vicepresidente Anxo Quintana sinalou que “a finais de 2008 queremos ter en Galiza 38 centros de atención á dependencia, 85 centros de educación infantil e 16 oficinas de igualdade e benestar”. Para isto, aprobouse un orzamento de 49,6 millóns de euros, dos que máis da metade son para investimentos en novos equipamentos de igualdade e benestar. As contas lograron 485 votos a favor, 7 en contra e 5 abstencións.

Quintana asegurou que o Consorcio, creado en xullo de 2006, “é unha realidade máis ampla, sólida e plural, hoxe somos 237 concellos asociados”, pero subliñou que o ente público aspira a acoller os 315 municipios que compoñen o país. O vicepresidente sostén que o Consorcio acabou coas dinámicas políticas de reparto de servizos segundo criterios partidistas. “Hoxe en día o Consorcio é unh espello da pluralidade do país, onde todos teñen cabida, e onde se marca un novo modelo de relación entre Goberno e concellos”.


4,38/5 (8 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: