Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
'I have a dream'

Hai corenta anos unha bala matou un soño

O 4 de abril de 1968, Martin Luther King era asasinado con 39 anos, a mesma idade coa que morreron Emiliano Zapata, Augusto César Sandino ou o Che Guevara.

Redacción - 14:26 04/04/2008

O pobo de Estados Unidos conmemora este venres o cuadraxésimo cabodano do asasinato de Martin Luther King, nun momento en que a popularidade de Barack Obama, candidato negro á Casa Branca, revive o soño dos heroes da loita polos dereitos civís.

"Soño que un día en Alabama (...) os nenos negros e as nenas negras poderán darse a man cos nenos brancos e as nenas brancas como irmás e irmáns", dixo no seu inesquecíbel discurso I have a dream (Teño un soño).

O 4 de abril de 1968, aos seus 39 anos -a mesma idade coa que morreron outros loitadores pola liberdade e a igualdade como Emiliano Zapata, en México, Augusto César Sandino, en Nicaragua ou o Che Guevara, en Bolivia-, o pastor Martin Luther King Jr era asasinado dun balazo na cabeza no balcón dun hotel do centro de Memphis (Tennessee) pola súa loita contra a segregación racial.



5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: