Un grupo de hackers alemáns ameaza con publicar as pegadas dactilares de Angela Merkel despois das do Ministro de Interior.
O Caos Computer Club (CCC), unha organización de hackers moi coñecida entre os geeks do mundo enteiro, proponse así protestar contra un proxecto de pasaporte biométrico que gardará as pegadas dactilares dos viaxeiros. Un método pouco fiable que segundo o CCC, so tería por efecto o de supervisar os cidadáns, non de protexelos.
Velaí un complemento útil ao debate xurdido ao redor das webs que permiten identificar aos policías, profesores, a médicos...