Na Facultade de Ciencias da Educación da USC sucederanse as conferencias de Álvarez Cáccamo, Luz Pozo, Riveiro Coello, Francisco Rodríguez, Carlos Callón ou Antía Otero.
Nos dous días nos que se desenvolven estas xornadas abordaranse temáticas moi diversas ao redor da lingua e da literatura galegas, comezando por Curros Enríquez, do que se celebra este ano o centenario do seu pasamento, ou Álvarez Blázquez, homenaxeado nesta edición das Letras Galegas. O sábado, ademais das conferencias, terá lugar unha mesa redonda sobre 'A literatura galega actual', así como seminarios impartidos por varios escritores e especialistas. A inscrición nestas xornadas organizadas pola AS-PG e pola CIG custa 20 euros.
Programa das Xornadas
Venres 4
17:30-18:30. No centenario da morte de Curros Enríquez. FRANCISCO RODRÍGUEZ
18:45-19:45. X. M. Álvarez Blázquez: vida e obra. XOSÉ M. ÁLVAREZ CÁCCAMO
20:00-21:00. 25 anos da morte de Luís Pimentel. LUZ POZO GARZA
Sábado 5
10:00-11:15. Seminarios a cargo de Antón Riveiro, Rosa Salgueiro, Antía Otero, Marta Dacosta e Alfonso Gómez
11:30-13:00. Mesa redonda: A literatura galega actual, distintas vertentes. Coa participación de Camili Franco, Marilar Aleixandre e Xabier Docampo.
13:00-14:15. Seminarios a cargo de Sechu Sende, Olga Patiño e Mini e Mero
16:30-17:30. O galego: normalización, substitución ou disolución? CARLOS CALLÓN
17:45-18:45. Nos cen anos do himno galego. MANUEL FERREIRO FERNÁNDEZ
19:00-20:00. Poesía e imaxe. Proxección comentada de Peregrinaxe con Manuel María. Dirixida por LOIS DIÉGUEZ e realizada por XOÁN CARLOS GARRIDO