Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
'I Jornadas de Língua' en Ourense

Celso Álvarez Cáccamo fala sobre 'A perda da Lingua, as clases e as formas de capital'

A conferencia terá lugar na Facultade de Humanidades de Ourense a partir das sete e media da tarde.

Redacción - 17:27 03/04/2008

Celso Álvarez Cáccamo abordará a "substitución lingüística", consistente en que unha lingua deixa de utilizarse como primeiro idioma no seo da familia e nos grupos de amigos, e outra lingua ocupa o seu lugar. Pero a conferencia tamén analizará as diferentes formas do capital e da súa estrutura de propiedade na sociedade de clases, co obxectivo de comprender a perda da lingua en Galiza, e, polo tanto, de imaxinar maneiras de intervir para a inversión deste proceso dende unha óptica reformista, ou unha óptica emancipadora.

As I Jornadas de Língua organizadas na facultade de Humanidades de Ourense comezaron o pasado 31 de marzo e desenvolveranse até o domingo 6 de abril. Até o momento participaron expertos como Xosé Manuel Sarille, Carlos Garrido e Eduardo S. Maragoto, e aínda este venres Laura Ríos, de Tagem Ata, ofrecerá unha conferencia titulada Mudar de língua, por quê?, a partir das oito e media da tarde.


3/5 (4 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: