Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Canal Verde

Xestionado pola Federación Ecoloxista Galega e Vieiros
RSS de Canal Verde
Explotación turística

"Cíes, a mellor praia do mundo"... de momento

Verdegaia advirte sobre o uso daniño que os excesos do turismo poden ter sobre o Parque Natural das Illas Atlánticas

Redacción - 12:00 02/04/2008

Baixo o lema "Cíes, a mellor praia do mundo", o Concello de Vigo está a promocionar o Parque Natural das Illas Atlánticas como destino turístico de sol e praia. Os responsábeis desta iniciativa colocaron xa 28 sinais indicadores con esta consigna por toda a cidade, feito que se opón aos obxectivos de conservación e protección cos que foi creado este espazo natural.

Segundo indica o colectivo ecoloxista Verdegaia, dende o concello se está a "explotar o turismo máis daniño" en lugar de promocionar actividades "relacionadas coa difusión dos valores naturais e ambientais das illas Cíes". O esencial para a asociación é "protexer a integridade dos ecosistemas marítimos e terrestres" así como o "fomento e a divulgación dos seus valores ambientais".

Para acadar estes obxectivos, Verdegaia pretende modificar a percepción das Illas Atlánticas como destino de praia e sol, e propón ampliar o transporte até o Parque a todo o ano (polo de agora, as liñas marítimas só funcionan no período estival), para atraer a moitos visitantes interesados polos valores naturais.


4,65/5 (17 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Hoxe en día, as liñas marítimas só funcionan no verán. Flickr: Contremo
Hoxe en día, as liñas marítimas só funcionan no verán. Flickr: Contremo
Vigo conta con outros 27 sinais indicativos como este. Flickr: Tomas R Vigo
Vigo conta con outros 27 sinais indicativos como este. Flickr: Tomas R Vigo
Vista das Illas Atlánticas. Flickr: mariosp
Vista das Illas Atlánticas. Flickr: mariosp