Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Venezuela

Edición xestionada por Xurxo Martínez Crespo
RSS de Venezuela
DECLARACIÓNS DO MINISTRO DE RELACIÓNS EXTERIORES VENEZUELANO

Goberno venezuelano non acredita na autenticidade dos informes atopados no ordenador de Raúl Reyes

O ministro de Relacións Exteriores venezuelano, Nicolás Maduro, reiterou este martes que o Goberno Bolivariano de Venezuela non recoñece a existencia de documentos que asegura o Goberno colombiano e estadounidense sobreviviron nunordenador de Raúl Reyes, número dous das Fuerzas Armadas Revolucionarias de Colombia-Ejército del Pueblo (Farc-Ep), asasinado no ataque en territorio ecuatoriano por parte do exército colombiano.

Xurxo Martínez Crespo - 09:41 02/04/2008

O ministro venezuelano declarou que o Ministerio de Exteriores venezuelano recibiu do goberno colombiano un cartafol plástico de cor branca que contén unha serie de fotocopias de papeis asinados con nomes e claves estrañas, destacando que foron recibidos coa cortesía diplomática do caso, "non recoñecemos, de ningún xeito, a existencia destes documentos. Saben cal é a posición do presidente Chávez sobre esta materia", recalcou.

"O goberno de Estados Unidos pretende converter ese suposto ordenador na proba para armar un expediente contra o noso país e en contra do xefe de Estado venezuelano (Hugo Chávez)", agregou o ministro de Exteriores venezuelano.

Ao ser consultado sobre maiores dados do caso, indicou: "En próximas horas oficialmente responderemos sobre este cartafol, que recibimos como calquera outro tipo de documento".

O ministro de Relacións Exteriores venezuelano sinalou que non é noticia algunha a chegada destes documentos. Respecto diso, dixo que que xa foron anteriormente lidos através de medios de comunicación colombianos, "que manteñen unha campaña diaria en contra da honorabilidade do presidente de Venezuela e do noso país", resaltou.

Finalmente, indicou que o Goberno Bolivariano ten o maior desexo en avanzar na mellora das relacións, sobre o alicerce do respecto. Para lograr esta intención, pediu aos medios de comunicación colombianos deixar de encabezar unha campaña mundial en contra de Venezuela.


2,33/5 (3 votos)