Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
Acompañado do brasileiro Marcelo Ferreira

Aínda que non vai ir ás Olimpiadas, Chuny aspira a gañar o Mundial de vela

O regatista coruñés vai loitar polo título este domingo que vén na clase Star.

Redacción - 18:45 01/04/2008
Chuny Bermúdez

Chuny Bermúdez

Desta volta non vai estar acompañado do cántabro Pablo Arrarte como é habitual, senón polo brasileiro Marcelo Ferreira (dúas veces campión olímpico e tamén bronce nesta clase xunto con Torben Grael), e, aínda que no Mundial se han xogar as últimas catro prazas para Beixín 2008, os dous regatistas non van poder competir xuntos, por seren de distintas nacionalidades. Aínda así, o coruñés non vai deixar de lado unha outra loita, a que ha comezar o domingo por conseguir o título mundial na clase Star.

Os dous regatistas, coruñés e brasileiro, xa coincidiran na tripulación do Brasil 1, na Volvo Ocean Race 2005-2006, e xa están en Miami preparando os Campionatos do Mundo nas augas que van ser o campo de regata.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: