Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Canal Verde

Xestionado pola Federación Ecoloxista Galega e Vieiros
RSS de Canal Verde
Alerta dos cambios de correntes que afectarán á Ría de Vigo

ADEGA rexeita totalmente o recheo do Areal

A Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) oporase "frontalmente" ao proxecto de recheo no Areal  e Transversal, polo seu grave impacto ambiental.

ADEGA - 18:20 27/03/2008

A construcción de recheos na ría alterará a dinámica de correntes da Ría de Vigo e ademais non solucionará a ocupación do Porto de Vigo por parte de infraestructuras non portuarias (centros comerciais, de almacenaxe e fabriles que non teñen que estar necesariamente no porto).
 
Bótase en falta por parte dos responsables políticos unha planificación máis axeitada do porto, algo que influe no rendemento da ría de Vigo e dos seus productos do mar.
 
É necesario usar o porto de forma racional, planificando o seu aproveitamento, sen ter que pasar por realizar novos recheos, xa que existen no porto infraestructuras non portuarias que deberan planificarse doutro xeito.

ADEGA demanda que se deixe de usar a ría como receptora da demanda de espazo, de recheos e edificacións que, alterando as súas dinamicas destruen o seu ecosistema, e demanda unha PLANIFICACIÓN SOSTIBLE DE USOS  DO PORTO, coa que de ninghun xeito cabran estes proiectos de ocupación de lamina de auga.
 
Este tipo de proxectos máis recordan a outros tempos onde o medio ambiente non tiña a menor importancia na planificación das infraestructuras o que provocaba proxectos irresponsables que producen danos en outros sectores productivos ademais dos danos ambientais.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: