Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
Do 30 de marzo ao 7 de abril

Volve a multiculturalidade do Festival Internacional de Teatro Universitario

Dez compañías procedentes de todo o mundo subirán ás táboas en Compostela e Lugo nunha mostra que xa vai pola súa XIV edición.

Redacción - 09:00 01/04/2008

Arriba o pano, chega o Festival Internacional de Teatro. Organizado pola USC, dende hai xa 14 anos, a mostra achega nesta edición a dez compañías teatrais universitarias procedentes de diversas partes do mundo, que ofrecerán os seus espectáculos en Compostela e Lugo do 30 de marzo ao 7 de abril.

Dende a organización, prevén unha asistencia duns 3.500 espectadores para as dez pezas teatrais que se van representar nos seis días que dura o festival. O Teatro Principal, a Sala Roberto Vidal Bolaño e o Auditorio de Galiza (o día 6) son os espazos que acollerán a representación das obras en Compostela, mentres que en Lugo as representacións serán no Auditorio Gustavo Freire e máis no Círculo das Artes.

Programa:

En Compostela:

1 e 2 ás 19:30: Compañía de Teatro da USC: As Raíñas. (Sala de Teatro Roberto Vidal Bolaño).
1 ás 21:30: Assaig Grup de Teatre. Universitat de València: Per Sant Lluc (Teatro Principal).
2 ás 21:30: Escola de Arte Dramática da Universidade de São Paulo: Lesao cerebral (Teatro Principal).
3 e 4 ás 19:30: Teatro Dallas. EUA: Chiscos (Sala de Teatro Roberto Vidal Bolaño).
3 ás 21:30: Théâtre Universitaire Royal de Liège. ´Belxica: Si tu m'aimes (Teatro Principal).
4 ás 21:30: Aula de Teatro da Universidade de Huelva: Non é tan doado (Teatro Principal).
5 e 6 ás 19:30: Cía de Teatro Inflamável. Universidade de São Paulo: Com os bolsos cheios de pao (Sala de Teatro Roberto Vidal Bolaño).
5 ás 21:30: La Escalera Teatro. Sevilla: As Relacións de Clara (Teatro Principal).
6 ás 21:30: Cía de Teatro da USC-Lugo: O público (Auditorio de Galiza).
6 ás 21:30: Escola Superior de Arte Dramático de Murcia: Non hai burlas co amor (Teatro Principal).

En Lugo
(funcións no Auditorio Gustavo Freire ás 20:30):

31 de marzo: Assaig Grup de Teatre. Universitat de València: Per Sant Lluc.
1 de abril: Aula de Teatro Universitaria de Ourense Maricastaña: 1984.
2 de abril: Teatro Dallas. EUA: Chiscos (No Círculo das Artes).
4 de abril: Escola de Arte Dramática da Universidade de São Paulo: Lesao cerebral.
5 de abril: Aula de Teatro da Universidade de Huelva: Non é tan doado.
6 de abril: La Escalera Teatro. Sevilla: As Relacións de Clara.
7 de abril: Compañía de Teatro da USC: As Raíñas.


5/5 (4 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



O festival de teatro na pasada edición
O festival de teatro na pasada edición
O programa inclúe a representación d'O público, de Lorca
O programa inclúe a representación d'O público, de Lorca