Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
A pesares dos ruxerruxes da posíbel fichaxe polo Milán

Diego López renova co Villareal até 2014

Seis anos máis para o gardameta galego en Valencia. Moito se falou da súa posíbel marcha, pero o clube quere contar cun dos mellores porteiros do fútbol estatal.

Redacción - 18:20 31/03/2008

O gardameta Diego López, nacido hai 26 anos en Paradela (Lugo) é hoxe en día un dos mellores do Estado Español, e a súa media de 0,83 goles recibidos por partido no que vai de tempada, mellora as de Iker Casillas (Real Madrid) e Víctor Valdés (Barça), quen, ademais, suman máis partidos do que o galego.

López, que é tamén o porteiro da Irmandiña, leva dez goles en doce encontros de liga, e, aínda que foi moi comentada a súa posíbel marcha para o Milán, acaba de asinar un novo contrato co seu actual clube, o Villareal, até xuño de 2014.

Como había tantos clubes detrás del, o Villarreal decidiu mellorar considerabelmente o seu contrato, que nun comezo había ser até 2012. O galego chegou ao clube esta tempada, despois de se ter formado nas categorías inferiores do Real Madrid nas tres anteriores. Chegou ao primeiro equipo para suplir ao gardameta chileno Manuel Pellegrini, mais, en poucos meses, rouboulle a titularidade ao uruguaio Sebastián Viera.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: