Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
REACCIÓNS

A UGC sinala que mesmo hai gardas civís que levan o 'GZ' no seu coche

A Unión de Gardas Civís de Galicia pide que se investigue se hai directrices para identificar os automóbiles que porten estes adhesivos.

Redacción - 17:15 31/03/2008

A UGC-Galicia fixo público un comunicado este luns no que mostra a súa preocupación pola posibilidade de que algúns axentes teñan ordes de identificar vehículos que porten o adhesivo GZ. Este colectivo asegura non ter constancia algunha de que existan estas directrices.

Porén, dende a UGC consideran que de probarse estes feitos, estariamos diante dun grave episodio que evidenciaría a necesidade da “reeducación en certos mandos da Garda Civil”. Sosteñen que unha orde como esta demostra un total descoñecemento da realidade galega: “O uso das siglas GZ está xeralizado. En case todas as familias as porta algún membro, até gardas civís”.

Esta asociación de gardas civís sostén que “pretender criminalizar o uso destes distintivos é unha aberración propia de ignorantes”. A UGC-Galicia sinala que nunca se prestará a colaborar en investigacións que se rexan por estes parámetros e piden que a propia Garda Civil investigue se houbo este tipo de condutas internas.


5/5 (16 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: