Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
Día Mundial da Poesía

Versos para soster as linguas

Luz Pozo, María Xosé Queizán, e Gonzalo Navaza participan nos actos organizados polo CCG e o PEN Clube en favor da poesía.

Redacción - 13:15 28/03/2008
Flickr: DarkFrame

Flickr: DarkFrame

Por oitavo ano consecutivo, o Consello da Cultura Galega (CCG) acolle a celebración do Día da Poesía, estabelecido pola UNESCO en 2000. A conmemoración nace co fin de dar un pulo a todos os movementos poéticos e así soster a diversidade dos idiomas, facendo posible a expresión dos pobos na súa propia lingua.

Como non podía ser de outra maneira, os actos contan cun recital poético no que intervirán poetas galegos como Luz Pozo Garza, María Xosé Queizán e Gonzalo Navaza, e outros internacionais entre os que se atopan Gastâo Cruz, Antoni Marí ou Olvido García Valdés. Tamén participa o ministro de Cultura en funcións e poeta galego, César Antonio Molina.

A xornada, que comeza a partir das 19:30, tamén contará coa presencia do director xeral da Unesco, Koichiro Matsuura, que procederá á lectura dun manifesto. Para rematar o violinista da Orquestra Filharmónica de Ereván (Armenia), Kamo Petrosyan, interpretará A primavera de Vivaldi.

Continuidade e colaboración

Con motivo desta celebración os presidentes do CCG e do PEN Clube de Galiza, Ramón Villares e Luís González Tosar, asinaron un protocolo de colaboración co que se garante a continuidade desta iniciativa e de outras de tipo literario.


3,67/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



A poesía facilita a pervivencia dos idiomas, segundo a UNESCO. Flickr: nettaphoto
A poesía facilita a pervivencia dos idiomas, segundo a UNESCO. Flickr: nettaphoto