Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
COLOMBIA

Uribe excarcerará os presos das FARC se liberan os seus reféns

O presidente colombiano asinou a autorización para acadar unha solución humanitaria.

Redacción - 09:35 28/03/2008

O presidente de Colombia, Álvaro Uribe, asinou unha autorización para acadar un acordo humanitario mediante o que autoriza a excarceración dos presos das FARC a cambio de que liberen os seus reféns, entre eles a ex-candidata presidencial Ingrid Betancourt, que se atopa nun delicado estado de saúde. O anuncio fíxoo o Alto Comisionado para a Paz de Colombia, Luis Carlos Restrepo.

O único requisito para chegar ao acordo, explicou Restrepo, é que se liberen os secuestrados: "Basta con que o grupo armado organizado á marxe da lei libere as persoas secuestradas e o Goberno procederá de maneira inmediata a solicitar ás autoridades xudiciais a suspensión condicional da pena dos membros do grupo armado".


5/5 (1 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: