Xa está aberto o prazo de solicitude das subvencións para 2008.
Todas aquelas asociacións deportivas que o desexen poden solicitar xa as axudas para a promoción do deporte en Galiza que promove a Fundación Deporte Galego. A iniciativa xorde co fin de contribuír ao desenvolvemento de eventos deportivos no noso país a nivel internacional, estatal e local, e apoiar a participación dos deportistas galegos en probas que precisen dunha subvención.
Poden solicitar a axuda os clubs deportivos, entidades sen ánimo de lucro inscritas no rexistro de asociacións, empresas promotoras de eventos deportivos con enderezo en Galiza ou os deportistas galegos con licenza federativa galega.
Consulta aquí as bases.