Unha ducia de poetas portugueses (e galegos) participan esta quinta feira no espectáculo Um instantinho de beleza, no Teatro Campo Alegre da cidade.
Um instantinho de beleza é un verso de Alexandre O´Neill, ao redor do que se organizou un megarecital de poesía no Porto. Forma parte do ciclo Quintas de Leitura, que se vén desenvolvendo todos os xoves no Auditorio do Teatro do Campo Alegre. Comezará ás dez da noite, e nel participarán tres colectivos poéticos: Caixa Geral de Despojos (Isaque Ferreira, Pedro Lamares e Paulo Campos dos Reis), Copo (Nuno Moura e Paulo Condessa) e Lupa (Adriana Faria, Daniela Dias e Inês Veiga de Macedo). Entre todos farán un repaso da poesía portuguesa das últimas décadas, deténdose por exemplo en António José Forte, Daniel Filipe, Luíz Pacheco, Fernando Assis Pacheco, Mário Cesariny, Adília Lopes, António Gancho, e Jorge Sousa Braga.
Ademais, María Lado e Lucía Aldao realizarán a súa performance poética Todo Mal. Ademais, danza a cargo de Isabel Ariel, e a actuación musical de Luanda Cozetti e Norton Daiello.