Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
No Mundial de inverno

Tamén houbo medallas para os veteranos do atletismo galego

Chus Sanguos, Xosé Luís Otero, Daniel Fernández, Emilio Méndez, Soledad Castro e Manuel Rosales demostraron a forza dos deportistas do país na cidade de Clermont-Ferrand, en Francia.

Redacción - 14:00 25/03/2008
Manuel Rosales

Manuel Rosales

Era o Campionato do Mundo de veteranos de pista cuberta e do 17 ao 22 de marzo xuntou os mellores ex atletas profesionais de todo o globo, entre eles unha chea de galegos, que viaxaron a Francia á procura dalgún metal.

E outra volta Chus Sanguos, Xosé Luís Otero, Daniel Fernández e Emilio Méndez amosaron o seu nivel atlético nas probas de 60 m valados (F50), 3000 metros (M55), salto de altura (M65) e lanzamento de xavelina (M45), respectivamente.

Nos 3.000 metros Fernández quedou a nada da prata, pero tivo que se conformar con un meritorio terceiro posto e o bronce. En lanzamento de xavelina Méndez quedou segundo, traendo consigo a prata. A nada das medallas quedaron Sanguos e Otero.

As outras dúas medallas foron para Soledad Castro (w40) e Manuel Rosales (M70), que levaron unha prata e un bronce respectivamente, en medio maratón. Nesta mesma proba outro atleta galego, Antonio Fuertes, foi terceiro español, puntuando para a clasificación por países, e dándolle a prata a España.


Ligazóns

0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: