Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
5 anos da invasión

Cadea humana en Manhattan contra a ocupación de Iraq

Milleiros de persoas concentráronse este sábado en Nova York. Na mesma xornada, centos de activistas foron detidos por protestar fronte a sede da OTAN, em Bruxelas.

Redacción - 11:38 23/03/2008
Os manifestantes exixiron a retirada inmediata das tropas

Os manifestantes exixiron a retirada inmediata das tropas

Milleiros de persoas manifestaron este sábado en Nova York o seu rexeitamento a ocupación de Iraq por parte do Exército do seu país, Estados Unidos, e exixiron a retirada inmediata das tropas.

Unha cadea humana de varios quilómetros ocupou unha das avenidas do centro de Manhattan. Porén, o obxectivo -non conseguido, segundo informa The New York Times- era dividir en dous a illa baixo a iniciativa River to River: Join Hands for Peace.

A protesta, na súa maioría composta por familias, finalizou cunha marcha fúnebre, portando dous cadaleitos de cartón, un coa bandeira de EUA e o outro con dúas, a estadounidense e a de Iraq.

Centos de detidos en Bruxelas

Por outra banda, tamén este sábado varios centos de mozos protestaron polo mesmo motivo en Bruxelas fronte ao cuartel xeneral da OTAN, baixo o lema NATO Game Over e, segundo informan algúns medios, trataron de acceder ao recinto.

Durante a protesta, dúas semanas antes da cimeira da OTAN en Bucarest, os manifestantes exixiron ademais a retirada das armas nucleares estadounidenses de Europa. Como consecuencia, centos de activistas -entre un cento e medio milleiro, segundo diversas axencias- foron arrestados pola Policía belga.


5/5 (7 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: