Andalucía (27), Cataluña (21), Cantabria (11), Baleares (8) Asturias (7), Aragón (6) e Canarias (6) conseguiron máis ao longo da pasada lexislatura.
O vicepresidente do Goberno, Anxo Quintana, e a ministra española de Administracións Públicas, Elena Salgado
Segundo un informe do Ministerio español de Administracións Públicas, actualizado até o pasado 14 de decembro, Galiza obtivo cinco novas competencias dende o comezo da pasada lexislatura, é dicir, dende marzo de 2004.
Por diante sitúanse Andalucía, con 27; Cataluña, con 21; Cantabria, con 11; Baleares, con 8; Asturias, con 7; e Aragón e Canarias, con 6 cada unha.
A Comisión Mixta de Transferencias reuniuse en oito ocasións no caso de Andalucía; catro, no de Cantabria, Aragón, Baleares e Cataluña; e tres, Asturias, Madrid, Galiza, Comunitat Valenciana e Canarias.
Cataluña e Andalucía: 71,59% das transferencias
Por cantidade de investimento, Cataluña sitúase en primeiro lugar, ao alcanzar os 207,2 millóns e o 38,01%, seguida por Andalucía, con 183,1 millóns de euros e o 33,58%. É dicir, entre as dúas, case tres cuartas partes do total (71,59%).