Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Un adeus pouco despois da última homenaxe

Hei Balan, pregúntalles por aló "quen comeu as peras do cemiterio"

A despedida do home orquestra, improvisador e soñador de Marín: John Balan deixounos esta semana. (Ver vídeo no interior)

Redacción - 12:00 20/03/2008
Tags: John Balan

"Alegroulle a vida durante moito tempo a moita xente", comentaba o alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, hai apenas un ano e durante o último recoñecemento público a John Balan. É unha definición que resume ben a traxectoria artística de quen era capaz de acender os sorrisos do público con pouco máis recurso que a imaxinación, decorada coa súa pose tradicional de vaqueiro americano con retranca galega. John Balan morreu esta semana, na altura dos 73 anos, na residencia da terceira idade de Marín onde vivía.

Nado como Manuel Outeda e rebautizado John Balan, o home orquestra da parroquia marinense do Seixo recibía daquela outra homenaxe á súa vida de espontaneidade lúdica e invención de historias. "Traballei gratis moitas veces", dicía Balan, quen non escatimaba espectáculo alí onde houbera alguén con gañas de pasalo ben e conceder o aplauso. No vídeo a pé destas liñas un exemplo, extracto do filme "Love in the Sky", creado e interpretado dun minuto para outro a 11 mil metros de altura para gozo e festa dos pasaxeiros que compartían viaxe aérea con el. Para a historia quedan "A morte é inoxidábel", "Calzoncillos de manga longa" ou un dos seus máis coñecidos cinema-contos: "Quen roubou as peras do cemiterio?".


5/5 (10 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: