A Conferencia Sur da LNB presenta un vídeo histórico, porque é a primeira produción audiovisual do sur de Galiza dedicada á pincha e é a primeira aportación desta conferencia a Televaral.
Televaral, a TV da billarda xa ten un novo filme, completo de todo. Facendo unha pincha, como lle chaman á billarda polo sur, a Conferencia Sur presenta unha histórica curta que describen dende a LNB (Liga Nacional de Billarda) como "simplemente espeluxarante".
Polo norte, polo sur, polo leste e polo oeste, a billarda non para de medrar, sen descanso. Velaquí o vídeo-estalo do sur que presenta o I Aberto de Mos, que se ha celebrar neste concello o vindeiro 5 de abril.