Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
Esta segunda feira

A Federación Española afasta a De la Fuente do Mundial de atletismo

A pesares de facer esta fin de semana un bo tempo no estatal, quedando sétimo, non vai convocado. De Galiza van tres atletas: as júnior Sandra Mosquera e Paula Mayobre , e a sénior Alessandra Aguilar.

Redacción - 11:10 18/03/2008
Sandra Mosquera e Paula Mayobre

Sandra Mosquera e Paula Mayobre

Van convocados o décimo e o undécimo, pero non vai o sétimo no Campionato Estatal, o compostelán Jesús de la Fuente. O atletismo galego recibiu a noticia con pena esta segunda feira á tarde porque, a pesares de ter metido a dúas atletas de base e a unha veterana, todas mulleres, no Mundial de Cross, un dos seus corredores máis destacados quedaba fóra da listaxe.

De la Fuente fóra do Mundial a pesares de ser sétimo de España
Esta fin de semana desenvolvéronse os Campionatos Estatais de Cross, gañados por Juan Carlos de la Ossa e Rosa Morató. Ámbolos dous han liderar a selección española que ha participar o vindeiro día 30 de marzo nos Campionatos do Mundo de Cross de Edimburgo (Escocia).

A ausencia de De la Fuente chegou con forza á Federación Galega, porque o atleta compostelán era o principal prexudicado dunha decisión da Federación Española de Atletismo que non tivo en conta as marcas mínimas. De feito, na absoluta de homes van seleccionados o noveno (Iván Galán), o décimo (Jonay González) e o undécimo (Reyes Estévez), mais non o sétimo, Jesús de la Fuente.

Tres galegas no Mundial
A boa noticia é que si van convocadas para o Mundial tres mulleres do atletismo galego, dúas delas da base, Sandra Mosquera e Paula Mayobre, da categoría júnior; e a atleta sénior Alessandra Aguilar.


5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: