Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
NA CORUÑA, ENTRE O 22 DE MAIO E O 28 DE XUÑO

O Festival Mozart aposta polo teatro lírico

Ofreceranse nove representacións de ópera de 'Così fan tutte', 'O rapto no serrallo' e 'As bodas de Figaro' e 'Actus tragicus'.

Redacción - 10:00 18/03/2008

Parte das actividades sinfónicas e de cámara xiran ao redor destas celebracións. Así, a interpretación de Actus tragicus dá lugar a un ciclo ao redor de Bach, con concertos a cargo da Orquestra Sinfónica de Galicia e de grupos e solistas especializados nese repertorio, entre os que destaca o conxunto holandés Combattimento Consort, que interpretará os Concertos de Brandemburgo. Outro ciclo significativo é o dedicado á canción de Lied. Os seus protagonistas son dúas das máis reputadas sopranos do momento: Annick Massis e a gran triunfadora do Tristán e Isolda do Teatro Real de Madrid do pasado mes de xaneiro, Waltraud Meier.

Outros ciclos significativos son os dedicados a Olivier Messiaen no centenario do seu nacemento e os de música de cámara, como o concerto do Trío Spadano-Dindo-Lonquich e o programa con música do mestre de capela da catedral de Santiago de Compostela Melchor López, a cargo do Orfeón Terra a Nosa e a Orquestra de Cámara da Sinfónica de Galicia, que terá lugar nun dos recintos históricos da cidade e sede habitual do Festival, a Igrexa Colexiata de Santa María del Campo.

Nove representacións de Ópera
O Festival ofrecerá nove representacións de ópera de Così fan tutte, O rapto no serrallo e As vodas de Figaro, obras de Wolfgang Amadeus Mozart; e de Actus tragicus, unha montaxe sobre seis cantatas de Bach escenificado por Herbert Wernicke, director de escena que, junto con Giorgio Strehler -responsábel das montaxes de O rapto e as vodas- serán protagonistas dun festival cuxo director artístico, Paolo Pinamonti, quere dedicar ao gran teatro europeo do século XX.

En total serán 40 actividades, entre concertos, conferencias, e proxeccións cinematográficas, distribuídas entre cinco localizacións, entre elas o Pazo da Ópera, o Teatro Rosalía e o Teatro Colón.


Ligazóns

0/5 (0 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: