Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Despois de ver como mingua o apoio ao PP

"Non hai nada máis urxente", di agora Feijoo da reforma do voto emigrante

O PSdeG convídao a facer presión en Madrid "se ten tanta presa".

Redacción - 09:00 18/03/2008

A caída á segunda posición en canto a votos e con apenas o 34% dos sufraxios que rexistrou o PPdeG na última cita electoral entre a emigración, parece acelerar agora a vontade dos populares galegos de reformar dunha vez por todas o sistema de voto dos emigrantes.

O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijoo, solicitou este luns que os grupos parlamentarios se reúnan en breve en comisión de estudio para a reforma do voto emigrante. Segundo Feijoo, "non hai nada máis urxente" que garantir o "voto en urna" dos galegos na diáspora para as próximas eleccións galegas.

Feijoo facía o requirimento despois de que o seu propio grupo parlamentario se reunise para analizar os resultados obtidos na emigración. Así, e segundo a reflexión do PPdeG, a ampla vitoria do PsdeG baséase na "actuación excepcional" da que acusan de desenvolver na emigración tanto ao goberno español como ao PSOE. "Despregaron medios humanos e materiais sen antecedentes en democracia", denunciou Feijoo.

O PSdeG convídao a pedirlles ao PP que se movan

En resposta a Feijoo, o voceiro do PSdeG no Parlamento, Ismael Rego, recomendoulle a Feijoo que "se ten tanto interese" en reformar o voto emigrante presente unha proposición en Madrid para levalo a cabo porque é "moito máis rápido que facelo en Galiza".



O deputado socialista sinalou que responderán á proposta do PP en canto a presenten, aínda que lle advertiu de que, "se ten tanto interese e en Madrid lle fan algo de caso", presente a iniciativa directamente no Congreso por medio do Grupo Parlamentario do PP.


5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: