Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Eleccións lexislativas

Os conservadores conseguen a maioría absoluta do parlamento de Irán

Á espera dos resultados oficiais e completos, a cámara contaría cun 70% de deputados afíns ao presidente, Mahmoud Ahmadineyad.

Redacción - 11:15 17/03/2008
A participación nas eleccións do pasado venres foi baixa

A participación nas eleccións do pasado venres foi baixa

Os conservadores conseguiron a maioría absoluta nas eleccións parlamentarias do pasado venres en Irán, con 163 dos 290 escanos totais, segundo informou a televisión estatal.Os autodenominados "principalistas" pola súa lealdade aos ideais da república islámica, obtiveron polo menos o 70% dos escanos da asemblea, fronte aos 40 dos reformistas.

O Ministerio do Interior, que supervisou as eleccións, sinalou que os resultados finais poderían darse a coñecer este luns.Os opositores ao presidente do país, Mahmud Ahmadineyad, intentaron capitalizar o descontento público pola alta taxa de inflación, mais moitos dos candidatos favoritos foron vetados para se presentaren aos aos comicios.

Os analistas afirman que as divisións políticas poderían aumentar de cara aos comicios presidenciais de 2009. Os reformistas, que buscan un cambio político e social no país, e algúns conservadores acusaron a Ahmadineyad de provocar o aumento da inflación, agora no 19%, polo desleixo no gasto en subsidios e préstamos das ganancias do petróleo.

Críticas da UE e de EUA

A Unión Europea denunciou nun comunicado que as eleccións non foron "nin xustas nin libres", e expresou o seu "profundo pesar e desacordo porque ao redor dun terzo dos candidatos iniciais foron apartados das eleccións parlamentarias".

Pola súa banda, Estados Unidos xa amosou o seu descontento polas circunstancias en que se desenvolveu a cita coas urnas o mesmo día das eleccións, ao afirmar que estas estaban "amañadas en esencia".

Máis información nos medios de Irán: Press TV e IRIB News (ambos os dous en inglés)


0/5 (0 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: