Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
Unha cidade para o deporte

Un libro recolle o medio século de historia do baloncesto en Vilagarcía

Xogadores, técnicos, árbitros, directivos ou comunicadores han contar as súas experiencias na presentación da obra, a vindeira terza feira 18 de marzo.

Redacción - 10:45 16/03/2008

Na presentación deste libro hase xuntar xente do mundo do baloncesto de Vilagarcía e da historia deste deporte na cidade nos últimos 50 anos: xogadores, adestradores, árbitros, directivos, comunicadores e seareiros serán os protagonistas do acto.

200 páxinas que contan 50 anos do baloncesto arousán
O libro 1958-2008, 50 años de Historia del Baloncesto en Vilagarcía, de Teófilo Edicións hase presentar a vindeira terza feira 18 de marzo no Pavillón Castelao, ás 20:00 horas.

Vilagarcía sempre foi unha cidade moi vinculada ao baloncesto onde, sobre todo, destaca o papel das mulleres, que tamén han ter o seu espazo neste acto. De feito han participar moitas deportistas e ex-deportistas que xogaron ou adestraron na Agrupación Deportiva Cortegada, o actual Extrugasa, que milita na primeira división estatal.

Ademais de contar coas experiencias dos seus protagonistas, durante a presentación hanse proxectar varias imaxes que contén o libro, dedicado a varias xeracións de xogadores.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: