Este sábado comeza a competición, que ademais vai ser clasificatorio para os estatais.
A vila das Pontes acolle esta fin de semana o V Campionato Galego de Ximnasia Rítmica de Base e a I Fase de Control Técnico do Campionato Estatal, proba clasificatoria para as ximnastas galegas.
Está previsto que participen case 60 mozas de 8 clubes galegos, como o Acordes, o Esquío, o María Barbeito, o Arousa o o Club Rítmica As Pontes (que ademais é o organizador), entre outros.
Despois do galego (que ha comezar o sábado ás 10:45 horas e terminará ás 13:00 horas) comezarán as sesión da fase de control para os Estatais, que comezarán ás 14:00 horas.