Famosa foi a sentencia pola contaminación da Ría de Vigo que a UE determinou pola falta de actuacións para eviatala (hoxe en suspensión provisional á espera das actuacións de emerxencia emprendidas polo bipartito), despois chegou a Sentencia do Tribunal das Comunidades Europeas, pola escasez de espazos protexidos, e concretamente pola falla de Zonas de Especial protección para as AVES (ZEPAS) e agora admite a estudo a denuncia polo acontecido no encoro de Fervenza.
Curiosamente, este encoro é xestionado pola empresa Ferroatlántica, a cal recemente se lle concedeu o Certificado de Calidade Ambiental (Autorización Ambiental integrada) e que ademáis, é sospeitosa da crónica contaminación da ría de Corcubión (unha investigación que comenzou na época do PP para determinar o seu orixe, e foise prolongando no tempo e que aínda estamos á espera de resultados), por certo, tamén denunciado polos mariñeiros da zona ante a UE. Este é un exemplo da política ambiental galega.
Parece que a única política ambiental existente, e a que vai promulgando as sentenzas chegadas de Bruxelas, pois en Galiza esta é a última do Consello da Xunta. Seguimos a ter uns dirixentes na que a prosperidade, mídese pola cantidade de natureza que destruimos.
A CE estudará se España vulnerou a directiva marco de Augas no encoro da FervenzaStravos Dimas revelou hoxe que as autoridades comunitarias tratan de dilucidar se detrás da morte de miles de peixes, ocorrida en novembro, hai un incumprimento da normativa sobre hábitats e sobre política de Augas.
O comisario europeo de Medio Ambiente, Stravos Dimas, revelou esta mañá que a Comisión Europea pediu a España "información sobre o cumprimento da normativa ambiental", para determinar se se incumpriu cando en novembro morreron miles de peixes no encoro da Fervenza, na Coruña.
Dimas explicou que as autoridades comunitarias estudan posibles vulneracións, en concreto, das obrigacións establecidas na directiva de Hábitats e na directiva marco sobre Política de Augas.
Foi o eurodiputado popular galego Daniel Varela o que se interesou polo desastre ambiental ocorrido o 10 de novembro pasado. Na súa intervención recordou que morreron máis de 1.500 peixes, cando o volume de auga baixou do 0,4 por cento da capacidade do encoro.
A Xunta de Galicia apuntou desde un primeiro momento á empresa Ferroatlántica, que o xestiona, como culpable, pero os Tribunais chamaron a declarar como imputados tamén a varios altos cargos do goberno autonómico galego.