Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Barcelona

Edición xestionada por Xabier Paradelo
RSS de Barcelona
NO 2006 PARACITIPARA MARÍA DO CEBREIRO

María Lado recita en terras valencianas

A poeta galega participa na Festival de Poesía da vila de Oliva.

Xabier Paradelo - 22:00 11/03/2008

A poesía galega viaxa á comarca valenciana de La Safor da man da coruñesa María Lado. A poeta, que gañou o ano pasado o premio Avelina Valladares do concello da Estrada coa obra Nove, ten publicado na Plataforma A Regueifa o poemario Berlín, que se pode baixar de balde para ler ou para escoitar, recitado pola autora e musicado por Fanny+Alexander. Tamén ten na rede o blog Casatlantica.

O Poefesta que organiza o poeta Àngels Gregori chega á cuarta edición coma festival consolidado no panorama cultural das letras catalás. Hogano, interveñen coma representantes da poesía catalá Marta Pessarrodona, Victor Obiols, Meritxell Cucurella-Jorba e Antònia Canyelles, e Josep Piera recitará o poeta andalusí Ibn Khafaja.

Alén da presenza galega e coma noutras edicións, participan representantes da poesía castelá, Juan Antonio González Iglesias e Maria Eloy-Garcia, e de Italia vén a poeta romana Laura Pugno. O acto conta intervención musical de cantautora Marina Rossell.

Esta é a segunda vez que a poesía galega está representada no festival. Na segunda edición, o ano 2006, contara coa participación de María do Cebreiro, cadrando que o cartel do festival levaba unha fotografía da artista portuguesa Joana Pimentel, que expuña daquela en Barcelona obras realizadas a partir de versos da poeta compostelá.

Poefesta 2008. IV Festival de Poesia d'Oliva

Venres, 14 de marzo de 2008 ás 20 h

Teatre Olímpia de Oliva | La Safor | València


Ligazóns

3,67/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: