Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
A POR TODAS

Vigo vai ser a candidata do Estado Español para a Universiada 2013

Foi escollida esta terza feira por unha comisión do Consello Superior dos Deportes (CSD). Murcia, após toda a polémica, quedou fóra.

Redacción - 13:01 11/03/2008

Despois de varias semanas loitando por ser a candidata estatal para as olimpiadas universitarias do verán de 2013, a cidade de Vigo foi a elexida polo CSD.

Agora a cidade olívica terá que competir a nivel mundial para organizar a Universiada en 2013.

A chamada que daba a boa nova dende o CSD recibiuna o tenente de alcalde de Vigo, Santiago Domínguz, que avisou ao resto do goberno municipal e comezou unha festa na que non deixaron de abrir botellas de champaña. Esta tarde han dar unha conferencia de prensa no Concello coas últimas noticias.

Competindo con cidades de Canadá, Polonia, Rusia e Corea do Sur
Vigo terá que competir contra catro candidaturas máis por organizar as olimpiadas universitarias de dentro de cinco anos. As cidades de Quèbec ou Edmonton (Canadá), Kazan (Rusia), Poznan (Polonia) e Kwang Ju (Corea do Sur) serán as rivais da cidade olívica.

A escollida será anunciada pola Federación Internacional de Deportes Universitarios (FISU), mais antes diso, Vigo terá que expoñer de novo a súa candidatura, o vindeiro 31 de maio en Bruxelas. O proxecto definitivo que han levar ante o FISU terá algunha novidade con respecto ao orixinal, que os membros do goberno municipal vigués non quixeron desvelar.

O cabreo do alcalde de Murcia
O alcalde de Murcia, Miguel Ángel Cámara, dixo que a escolla de Vigo, no canto da súa cidade, "é a crónica dun suceso anunciado e hoxe certifícase a morte da organización do deporte universitario a mans do poder político".

Cámara tamén quixo informar de que a partir de agora, tras coñecer os resultados, a súa cidade vai continuar "co procedemento xudicial para que se investigue o ocultamento da información por parte do CSD respecto ás novas condicións esixidas pola FISU para as cidades candidatas".

Ao seu xuízo, este procedemento "impediu a Murcia poder presentar un dossier de acordo aos criterios introducidos en novembro por este organismo internacional" e anunciou que vai trasladar a súa queixa formal á FISU polo que considera "unha nova manipulación". O alcalde de Murcia terminou dicindo que "os murcianos non esquecemos esta nova ofensa que se nos fixo dende o CSD. Quizá esteamos pagando o que os murcianos libremente decidimos o pasado domingo", concluíu.


Ligazóns

4,33/5 (6 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: