O xogador do Azkar Lugo, de 21 anos, foi seleccionado xunto co seu compañeiro, o madrileño Mimi.
Adrián López, Adri (Ferrol, 1986) vai convocado polo seleccionador estatal de fútbol sala, José Venancio López, para xogar un amistoso a vindeira segunda feira 17 de marzo en Tenerife, ante a selección canaria. O encontro vai servir para homenaxear ao ex árbitro internacional Suso Torres.
Adri xa tiña debutado esta mesma tempada coa selección española sub-21, e o pasado 29 de febreiro saltou á pista coa camisola da irmandiña do futsal, na histórica estrea da selección nacional, en Ferrol.
Segundo contan dende o seu clube, o Azkar Lugo, este está a ser un gran ano para o mozo, unha promesa do futsal e unha das apostas do clube lugués.
Xunto con Adri tamén vai convocado o seu compañeiro de equipo, o madrileño Mimi.
Convocatoria completa para o amistoso:
Porteiros: Juanjo (ElPozo Murcia) e Jesús (Carnicer Torrejón).
Alas: Lin (Caja Segovia), Saúl (ElPozo Murcia), Adri (Azkar Lugo), Juanra (Carnicer Torrejón) e Borja (Móstoles 2008).
Pivotes: Dani Salgado (Playas de Castellón) e Rafa Múñoz (FC Barcelona Senseit).