Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Confía en gañar a carreira á Casa Branca

Obama rexeita o convite de Clinton a ser "vicepresidente" nunha candidatura conxunta

"Non son candidato a vicepresidente, son candidato a presidente dos Estados Unidos", respondeulle durante un mitin.

Redacción - 09:00 11/03/2008

Por diante en canto ao número de apoios agora mesmo e despois de gañar as primarias nun novo estado, en Wyoming, o aspirante, do Partido Demócrata, Barack Obama, rexeitou publicamente a suxestión realizada por Hillary Clinton.

A senadora insinuara a idea dunha candidatura conxunta á presidencia dos Estados Unidos, unha candidatura que estaría encabezada por ela mesma e onde Barack Obama sería candidato proposto a vicepresidente.

Ao tempo, medra a preocupación entre os demócratas polo que estaría tardando en resolverse un tirapuxa que xogaría en beneficio do Partido Republicano. Os republicanos xa escolleron candidato, John McCain.

Poden ampliar no http://www.nytimes.com/">New York Times


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: