Vieiros

Vieiros de meu Perfil


RSS de
Despois dos resultados do 9M

O PSOE cavila en Galeuscat para a estabilidade do goberno español

Nunha intervención televisiva este luns, Rodríguez Zapatero citou a CiU e PNV coma "principais" grupos cos que o PSOE iniciará o diálogo.

Redacción - 09:00 11/03/2008

"Temos varios grupos, e os dous principais son CiU e o PNV, que van ter grupo parlamentario, pero vou dialogar con todos", expresou o secretario xeral do PSOE, José Luís Rodríguez Zapatero, durante unha entrevista enTelecinco na noite do luns. Zapatero dixo estar seguro de que a nova etapa que se abre na lexislatura se caracterizará por "unha maior estabilidade" para o seu executivo e prometeu diálogo amplo máis alá das forzas que terán grupo parlamentario.

Os números saídos das urnas o 9 de marzo sitúan en boa posición ás forzas que integran o espazo Galeuscat para a negociación dos pactos que os socialistas necesitarán para botar adiante os seus proxectos durante a lexislatura que agora se inicia. Eventualmente, unha suma dos votos de CiU aos do PSOE sería abondo para conformar unha maioría suficiente, malia que a correlación de forzas agora mesmo en Cataluña complicará ese escenario. No entanto, mesmo a suma de PNV e BNG sería abondo en pactos puntuais.

Nas semanas previas a esta cita electoral, as forzas políticas que integran Galeuscat xa subliñaran a súa vontade de organizarse arredor dalgunhas propostas conxuntas, baseadas na convicción da necesidade de que o Estado español "recoñeza e asuma a súa realidade plurinacional". De xeito específico, a mediados de febreiro, BNG, PNV e CiU xa destacaran as bases da proposta para unha reforma do Senado "profunda e ambiciosa".


4,58/5 (12 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: