Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
XOGOS OLÍMPICOS

A contaminación de Beixín fai que o plusmarquista non corra o maratón

Haile Gebrselassie, que padece asma, prevé participar, no entanto, nos 10.000 metros.

Redacción - 17:47 10/03/2008
Haile Gebrselassie

Haile Gebrselassie

O corredor etíope Haile Gebrselassie, plusmarquista mundial de maratón, anunciou que non irá aos Xogos Olímpicos de Beixín porque o país asiático está moi contaminado. O atleta, que é asmático, pensa que o elevado grao de polución da capital chinesa pode danar a súa saúde "seriamente", e que lle resultaría "difícil correr 42 quilómetros nas miñas condicións actuais".

Porén, Gebrselassie non descarta participar na proba de 10.000 metros. O atleta, de 34 anos, ten a marca mundial de maratón, en 2 horas, 4 minutos e 26 segundos, que acadou o ano pasado en Berlín, e conta con catro títulos mundiais de 10.000 metros.


5/5 (3 votos)

Novas relacionadas


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: