Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral

Xornadas sobre a Muller

A concellería de Servicios Sociais do Concelllo de Ferrol organiza en colaboración co Ateneo Ferrolán unhas xornadas en torno á muller. As xornadas desenvolveranse na primeira quincena do mes de marzo, coincidindo coa celebración do Día da Muller Traballadora. Nestas xornadas falarase do maltrato ás mulleres e ós nenos. A escritora Marina Mayoral será o prato forte desta celebración que organizan os servicios sociais do Concello

- 16:37 19/02/1999
Tags:

A escritora e profesora universitaria Marina Mayoral pronunciará o próximo 15 de marzo unha conferencia en torno ó papel da "Muller no Século XXI". Será no Centro Cultural Torrente Ballester. a ponencia incríbese dentro do programa de actividades organizado pola Concellería de Servicios Sociais do Concello de Ferrol para conmemorar o Día da Muller Traballadora, que conta ademais con outras conferencias. O luns 8 de marzo, analisaranse cuestións vencelladas coa violencia doméstica. Nesta xornada participará a Presidenta da Asociación de Mulleres maltratadas, Tina Alarcón. O martes 9 de marzo abordaranse cuestións vencelladas co maltrato infantil, coa intervención do Defensor do Menor, Javier Urra.

O programa deseñado pola Concellería de Servicios Sociais contempla ademáis un obradoiro de autorrealización persoal, impartido por membros da Asociación Simone de Beauvior.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: