Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
OS VINILOS GALEGOS MÁIS VALIOSOS

Alguén ten o primeiro disco de Suso Vaamonde?

A revista 'Sono-Tone' publica una lista dos 15 álbumes máis raros e valorados, encabezado polo 'Loitando' editado polo cantautor en 1973 en Portugal.

Redacción - 12:01 07/03/2008

Nalgún faiado andará, ou nalgunha discoteca persoal, gardado como nun tesouro. A revista Sono-Tone considera que o primeiro álbum de Suso Vaamonde, Loitando, publicado en Portugal en 1973, é o disco galego que acadaría un valor máis alto nunha subhasta, como as que se producen en E-Bay. Tamén tería un prezo elevadísimo o Galicia Canta, recompilatorio de canción protesta editado tamén no exilio en 1970, en Venezuela.

Porén, non se pode ter unha referencia exacta do seu prezo, pois aínda non foi posto á venda publicamente. Até o momento o álbum que acadou un maior prezo no mercado foi o de NHU, vendido por 240 euros hai dous meses, máis do dobre que o primeiro traballo de Los Carayos, a banda que Manu Chao formou a finais dos oitenta. Tamén están moi valorados os primeiros discos de Siniestro Total (álbum solidario co sector naval, Ayudando a los enfermos ou Surfin' CCCP), dous deles editados xunto con Resentidos, que acadaron prezos de case cen euros.

Neste top 15 figuran tamén discos de Bibiano, Queimada, Luis Emilio Batallán, Xetxu, Mahía, Os Cantores do Sil ou a banda galega de rock progresivo Kozmic Muffin.

A lista de Sono-Tone
1.-SUSO VAAMONDE - Loitando (1973, LP)
2.-VV.AA. - Galicia canta (1970, LP)
3.-NHU - NHU (1978, LP, 240 euros)
4.-LOS CARAYOS - Van e veñen (1989, LP, 117 euros)
5.-SINIESTRO TOTAL & OS RESENTIDOS - DOBLE 7" SOLIDARIO CO SECTOR NAVAL (1982, 7", 100 euros)
6.-SINIESTRO TOTAL - Ayudando a los enfermos (1982, 7", 81 euros)
7.-KOZMIC MUFFIN - Nautilus (1994, LP, 63 euros)
8.-QUEIMADA - "1, 2, 3 y..." (1972, LP, 60 euros)
9.-LUIS EMILIO BATALLAN - Ahi ven o maio (1975, LP, 60 euros)
10.-BIBIANO - Estamos chegando ó mar (1976, LP, 50 euros)
11.-OS RESENTIDOS & SINIESTRO TOTAL - Surfin' CCCP (1984, 12", 50 euros)
12.-XETXU - Xohana (1973, 7", 37 euros)
13.-SUSO VAAMONDE - Cantarolas para xente miuda (1986, LP, 36 euros)
14.-MAHIA - Non penses que vou (1972, 7", 30 euros)
15.-OS CANTORES DO SIL - Galicia gran carallo de sal (1986, 7" flexidisc, 30 euros)


4,77/5 (13 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: