Vieiros

Vieiros de meu Perfil


RSS de
PROGRAMA DOS PARTIDOS

'Compromiso social e político pola descolonización do Sáhara Occidental'

Os partidos políticos posiciónanse de xeito distinto respecto ao conflito saharauí nos seus programas electorais.

Redacción - 11:50 07/03/2008

A Coordinadora Estatal de Asociacións Solidarias co Sáhara (CEAS-Sáhara) realizou unha campaña paralela estas dúas últimas semanas, para pedir a implicación programática dos partidos que se presentan ás eleccións xerais co dereito á autodeterminación do pobo saharauí.

En concreto, a través da iniciativa Á hora de votar, o Sáhara vaise notar! propoñían catro puntos a ter en conta:

1º O Estado Español ten unha débeda histórica, moral e política co Pobo saharauí, até conseguir reparar a inxustiza de 1975 e pór fin a tantos anos de sufrimento, e concluír cun proceso de descolonización que deixamos sen pechar.

2º Comprometémonos a defender o seu dereito inalienábel á autodeterminación a través dun referendo democrático, xusto e regular, que permita ao Pobo saharauí decidir libremente o seu futuro e elixir entre varias opcións: a independencia, a integración ou a libre asociación.

3º Denunciamos a violación sistemática dos Dereitos Humanos no Sáhara Occidental, e exixímoslle ao Goberno de Marrocos o cesamento inmediato da represión, a liberdade de todos os detidos políticos saharauís, permitindo a apertura do territorio e o acceso de observadores internacionais á zona.

4º Pedimos o recoñecemento do Estatuto diplomático á Representación saharauí en España, como confirmación cara á Fronte Polisario como único e lexítimo representante do Pobo saharauí.


CEAS-Sáhara publica agora a postura de cada partido na súa web, e pídelle á cidadanía que "á hora de votar teña en conta quen asume este compromiso".

Posición dos catro partidos con representación parlamentaria nas Cortes que se presentan en Galiza, plasmada en cadanseus programas electorais: postura do PP, postura do PSOE, postura do BNG e postura de IU.


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: