Mercedes de Santaló e Gustavo Dacal clasificáronse a pasada fin de semana no Criterium Estatal de inverno.
Mercedes de Santaló e Gustavo Dacal clasificáronse a pasada fin de semana no Criterium Estatal de Lanzamentos de inverno ao gañar as súas respectivas probas lanzando 52,01 e 72,06 m respectivamente.
Debido ás súas boas marcas, os dous lanzadores galegos foron seleccionados para participar na Copa de Europa de Lanzamentos que se ha desenvolver en Split os días 15 e 16 de marzo.
Deste xeito, e segundo a Federación Galega de Atletismo, certifícase "unha vez máis unha destacada presenza galega no panorama internacional de lanzamentos".
Comeza o Mundial de Atletismo en Pista Cuberta
Esta fin de semana comeza en Murcia o Mundial de Atletismo en Pista Cuberta, superando as súas mellores marcas coa cifra de participantes, uns 159 países, 20 máis do que os que participaron en Budapest 2004, que até o momento é a edición máis numerosa.
A pesares de que non hai atletas galegos clasificados (a federación española non convocou a ningún), si vai estar ¬Mariano García Verdugo, que vai conducir o equipo español de medio fondo, que ten opcións de conquistar algunha medalla nas probas de 800 e 1.500 metros.
En total han participar 21 atletas españois, entre os 500 que hai de todos os países participantes.