Segundo Pável Globa, Hillary Clinton será a presidenta 44, número fatídico. O seu lugar como potencia ocuparao Brasil.
Pável Globa, na súa web
O astrólogo ruso Pável Globa, ao parecer moi recoñecido no seu país, fixo varias predicións moi transcendentais para o futuro inmediato da política mundial. Así, prognosticou que Hillary Clinton será a vindeira presidenta dos EUA, pero co seu mandato comezará a decadencia do país norteamericano como potencia mundial.
Un sinal importante pode ser o feito de que Clinton é do signo zodiacal do Escorpión, que terán un ano de victorias no 2008. "Ademais, para o Partido Demócrata os anos da rata, como o presente, sempre foron moi favorábeis", asegurou o astrólogo. Porén, o comezo do mandato da primeira presidenta dos EUA coincidirá cunha forte crise.
"Para sempre, os EUA deixarán de ser potencia e no continente americano ese lugar ocuparao Brasil", asegura Globa, que lles recomenda aos rusos mercar inmóbeis no país lusófono. O astrólogo afirma que o número 44 é unha cifra fatídica para os Estados Unidos e que, en canto comece o goberno do 44º presidente o dólar caerá "e deixará o país ao bordo da miseria". O adiviño xa prognosticara o ao pasado que o vicepresidente ruso, Dmitri Medvedev, sería o candidato oficialista á presidencia do país.