Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
ROBERTO VILAR E VÍCTOR FÁBREGAS

'Os Tonechos' entran en campaña

Os dous actores amósanse desencantados cos políticos: "Se fosen todos os votantes como Tucho e Tonecho ía ir todo mellor, porque ían espabilar".

Marcos S.Pérez / Lucía Iglesias - 09:00 06/03/2008

Son, se cadra, a parella cómica máis famosa de Galiza. Víctor Fábregas e Roberto Vilar comentan para Vieiros as súas impresións sobre a campaña electoral, os debates, as promesas dos candidatos e mesmo sobre o que vai facer Amadora o 9 de marzo. O show dos Tonechos, todos os xoves ás dez da noite na Galega. Algúen dubida que se Tucho e Tonecho se presentasen ás eleccións acadarían un bo número de votos?

Estades seguindo a campaña?
Víctor Fábregas: Pois non moito. E iso que eu empecei aos meus 18 anos moi vinculado á política, con moitas gañas, pero acabáronseme, acabaron por aburrirme. Vexo un empobrecemento moi grande nos políticos. Grazas a Deus vivo cara ao monte e nin escoito pasar os coches de propaganda.
Roberto Vilar: Eu pago os meus impostos relixiosamente, e confío en que todo o mundo os pague como os pagamos nós e os construtores, que son os que menos os pagan. E despois confío en que dende arriba os distribúan ben, cousa que de momento non pasou dende que eu vivo aquí.

E os debates, seguístelos?
Víctor: Eu si seguin os debates, porque isto é como un partido de fútbol e sempre esperas que o segundo partido sexa mellor que o primeiro. Pero non aportaron nada, porqur está todo moi pactado e encorsetado. Ademais, non valen para nada porque o que é do Madrid é do Madrid, o que é do Barça é do Barça e o que é do Celta é do Celta, aínda que perdan por dez a cero.

É que lle pediríades ao futuro presidente?
Víctor: Pois sentido común, que escoiten ao pobo e se deixen de caralladas.
Roberto: Andan con que hai que ser de dereitas, con que hai que ser de esquerdas, con que hai que ser de centro. O que hai que ser é normal!
Víctor: Pérdense en macroeconomías, en que se van 50 mulleres e 50 homes, en que se ti fas máis e eu menos, por favor... Señores políticos: comigo non conten, un abrazo.

No Club Lady's fálase das eleccións?
Roberto: Se fosen todos os votantes como Tucho e Tonecho, ía ir todo mellor, porque os políticos ían espabilar. E seguramente o domingo Tonecho en vez de ir votar irá ao Club Ladys e pasará alí a tarde, ou xogando ao tute, que lle vai aproveitar máis.
Víctor: Eu pregúntome o que xa Saramago se preguntou: que pasaría se votasemos todos en branco?. Valería con que votase unha soa persoa entre trinta millóns?

E a quen vota Amadora? Gústalle máis o touciño, a queimada ou o freixó?
Víctor: Ela é máis de carne
Roberto: Amadora ten pinta de que vai ir votar. Ademais véselle cando vai... A Amadora daslle a papeleta e sae disparada... Pero debe haber moitos casos de xente que colle a papeleta na casa e nin sabe o que vota. E ese voto vale igual...


4,5/5 (16 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: