Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
Entre os dez deportistas do Estado que van recibir 60 mil euros

David Cal e Echávarri e Paz han cobrar a bolsa máxima para Beixín 2008

Xunto con eles outros sete deportistas individuais do Estado Español e máis a selección de baloncesto han ter as axudas meirandes para facer un bo papel nos XXOO.

Redacción - 18:15 04/03/2008
David Cal, coa súa medalla de ouro en Atenas 2004

David Cal, coa súa medalla de ouro en Atenas 2004

O piragüista David Cal e os regatistas Fernando Echávarri e Antón Paz son os únicos deportistas galegos que figuran na listaxe de dez nomes, ademais do colectivo da selección española de baloncesto, que han recibir este ano a bolsa máxima que contempla o plan ADO para preparar a súa participación nos Xogos Olímpicos de Beixín. Son 60 mil euros para cada un deles.

Os outros nomes, até chegar aos dez que máis han cobrar
Xunto cos deles aparecen os nomes do ciclista Joan Llaneras, os regatistas Mónica Azón, Sandra Azón, Graciela Pisonero e Rafael Trujillo, e os taekwondistas Juan Antonio Ramos e Brigitte Yagüe, ademais dos doce compoñentes da selección de baloncesto masculina, actual campioa do mundo.

En total beneficiaranse das axudas do Consello Superior dos Deportes uns 460 atletas e técnicos, 15 menos que hai catro anos, en Atenas 2004. O orzamento total do programa ADO para este ano ascende a 14,3 millóns de euros, englobados nos 60 millóns do ciclo olímpicos 2005-2008.

Até o de agora, só catro olímpicos galegos

En total, con Cal, Echávarri, Paz e Xavier Gómez Noya (que non vai recibir unha destas axudas máximas), xa son catro os deportistas galegos clasificados para as Olimpiadas de Beixín 2008. En todo o Estado clasificáronse xa 142 deportistas para Beixín, entre eles tres equipos masculinos; o de baloncesto, o de hóckei e o de waterpolo.

Por Galiza tamén están clasificados para as Parolimpiadas os nadadores Pablo Cimadevila e Chano Rodríguez.


1/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Fernando Echávarri e Antón Paz tamén han recibir o máximo das axudas ADO
Fernando Echávarri e Antón Paz tamén han recibir o máximo das axudas ADO
Gçomez Noya é o cuarto galego clasificado, polo de agora para Pekín, pero non leva a bolsa meirande
Gçomez Noya é o cuarto galego clasificado, polo de agora para Pekín, pero non leva a bolsa meirande