Comezan a coller pulo os servizos de venda de produtos do mar galego, aínda que cos ollos postos nos compradores da Meseta.
Web de Lonxanet
Cada vez é máis habitual a venda de peixe e marisco a través da rede. Un dos servizos pioneiros no país, Lonxanet, impulsado polas confrarías da Coruña, Cangas, Cariño, Cedeira, Lira, Muxía e Porto do Son, volve coller pulo despois da crise que provocou o marea negra do Prestige. Ademais, a súa filosofía baséase na pesca sustentábel.
Non é o único servizo semellante que existe na rede: Margalicia, dende A Coruña, distribúe tamén peixe e marisco. Dende Vigo funciona MariscoMarisco, servizo de comercialización dunha marisquería da Pedra, que ofrece ademais viños do país, o mesmo ca Mariskito, con base no porto vigués. Da cidade olívica é, tamén, Mar en casa, especializada en produtos do mar.
En principio, non parece que ningunha destas tendas en liña teña como principais destinatarios compradores galegos, nin tan sequera de fóra do Estado Español: en todos os casos, os seus textos atópanse integramente en castelán.