Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
CICLO 'AUDIOVISIÓNS' NO CGAC

Cinema para escoitar

O Centro Galego de Arte Contemporánea proxectará a partir do 4 de marzo un programa de filmes relacionados coa música e o son.

Redacción - 09:00 04/03/2008

O colectivo Escoitar.org propón un encontro entre a retina e o tímpano, a través de doce títulos nos que o son funciona como fío condutor para achegarnos a diferentes formas de escoitar e entender a dimensión acústica da realidade, profundando nos seus aspectos culturais. A entrada para todas as películas é de balde e todas as proxeccións terán lugar no auditorio do CGAC, en Compostela, a partir das oito e cuarto da tarde. O ciclo comeza este martes 4 de marzo e rematará o día 18.

Entre os títulos seleccionados atópanse documentais sobre o reggae (Rockers. It's Dangerous), o post-punk neoiorkino (Kill Your Idols), o hardcore norteamericano dos anos oitenta (American Hardcore), a música electrónica (Modulations: Cinema for the Ear), os instrumentos de vangarda (Theremin: An Electronic Odyssey), a música monacal (Die grosse Stille), a música turca (Crossing the Bridge. The Sounds of Istambul), a movida viguesa (Periféricos), o breakdance (Rize) ou as simples experiencias sonoras (My Cinema for the Ears).

Programa completo

Martes, 4 de marzo, 20:15 h
Rockers. It's Dangerous (Theodorus Bafaloukos, 1977)

Mércores, 5 de marzo, 20:15 h
Theremin: An Electronic Odyssey (Steven M. Martin, 1994)

Xoves, 6 de marzo, 20:15 h
Modulations: Cinema for the Ear (Iara Lee, 1998)

Venres, 7 de marzo, 20:15 h
My Cinema for the Ears (Uli Aumüller, 2002)

Sábado, 8 de marzo, 20:15 h
Kill Your Idols (Scott Crary, 2004)

Domingo, 9 de marzo, 20:15 h
Touch the Sound (Thomas Riedelsheimer, 2004)

Martes, 11 de marzo, 20:15 h
Crossing the Bridge. The Sounds of Istambul (Fatih Akin, 2005)

Mércores, 12 de marzo, 20:15 h
Die grosse Stille (Philip Gröning, 2005)

Xoves, 13 de marzo, 20:15 h
Rize (David LaChapelle, 2005)

Venres, 14 de marzo, 20:15 h
American Hardcore (Paul Rachman, 2006)

Sábado, 15 de marzo, 20:15 h
Periféricos (Xosé Holgado, Carlos Méndez e Tamara Blanco,
2006)

Martes, 18 de marzo, 20:15 h
We Built this City (Thomas Kappeller e Sebastian
Züger, 2006)


Documentos

5/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: