Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
RECURSOS MARIÑOS

Pesca suprime cinco piscifactorías do Plano Acuícola e reduce outras oito

Os cambios debéronse ás alegacións presentadas por problemas ambientais e ao posíbel dano a xacementos arqueolóxicos. Adega fala de "operación de maquillaxe"

Redacción - 14:15 03/03/2008

A Xunta anunciou que suprimirá cinco das piscifactorías previstas no Plano Acuícola e reducirá o tamaño doutras oito. Segundo comunicou o director xeral de Recursos Mariños, Antonio García Elorriaga, respondendo unha pregunta do parlamentario do BNG Bieito Lobeira, a modificación debeuse ás alegacións que se presentaron por problemas ambientais.

Así, a Consellaría de Pesca non levará a cabo as plantas de Punta Corvos e Couso, en Ribeira; Touriñán, en Muxía; Ardía, no Grove, e Punta do Corno. en Camariñas. Ademais, reducirase o tamaño previsto das de Orelludas e Mougás, en Oia; Seráns, en Porto do Son; Lago e Rogodola, en Xove; Cabo Cee, en Corcubión; Meirás, en Valdoviño, e Foxolongo, en Ribadeo. Nestes casos, a modificación faise para evitar afectar a xacementos arqueolóxicos.

Os ecoloxistas recibiron con cautela o anuncio. Fins Eirexas, de Adega, en declaracións á Radio Galega, afirmou que a modificación é unha "operación de maquillaxe".

O BNG cre que hai que ir un pouco máis aló (actualizada ás 18 horas)

Pola súa parte, o voceiro de Pesca do BNG no Parlamento, Bieito Lobeira, sinalou que era de agradecer o paso dado adiante pola Consellaría de Pesca aínda que subliñou que “moitos destes cambios débense a informes presentados pola Consellaría de Cultura referidos á conservación do patrimonio cultural e arqueolóxico”.

Lobeira dixo que aínda que era un “avance” que se tivesen en conta as alegacións tamén era preciso suprimir as piscifactorías de Laxe Brava, A Xandriña, Arou-Camelle e Seiruga.


4,71/5 (7 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: