Os galegos, que van ir a Beixín 2008, non puideron facerse co seu terceiro título consecutivo.
A embarcación dos galegos terminou en sétima posición no Mundial que se disputou a semana pasada en Takapuna, no Golfo Inner Hauraki (nova Zelandia), onde o exceso de vento foi marcando, día a día, as probas. De feito, a última xornada tivo que se anular por causa do mal tempo.
Echávarri e Paz finalmente non puideron gañar o seu terceiro título mundial, nunha competición que se desenvolveu por seis días con cambios continuados nas clasificacións. O tornados dos galegos comezou do mellor xeito posíbel, marcando un primeiro posto; todo un éxito posto que o neozelandés era un dos campos de regatas máis complicados que lembraban os regatistas.
Tras varias xornadas difíciles, o tándem galego ascendeu posicións e meteuse entre os dez mellores do mundo. Nunha única xornada rubiu seis postos, e quedou coa sétima posición na clasificación xeral. Con esta posición, e cos dous galegos dispostos a seguir escalando posicións, chegou a xornada final, que tivo que ser suspendida.
Despois do Mundial chega a preparación olímpica
A próxima cita de Echávarri e Paz será en augas canarias, en Palma, onde os bicampións mundiais disputarán o trofeo Princesa Sofía.